Sharp Aquos 507SH, o primeiro Android One resistente á auga

Nestas últimas semanas varios rumores apuntaron a que a fin de Android One podería estar preto, mais, para sorpresa de todas, Sharp vén de anunciar o lanzamento dun dispositivo que segue estas directrices de Google. Falamos do novo Sharp Aquos 507SH, un trebello modesto que ten na resitencia á auga a súa maior virtude.

O dispositivo integra unha pantalla LCD de 5 polgadas, con resolución HD 720p (293 ppp). No interior, Sharp apostou por integrarlle un procesador Snapdragon 617, de oito núcleos, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, que poderemos ampliar mediante tarxetas microSD.

Sharp Aquos 507SH - 4

A cámara principal é de 13 megapíxeles e a batería ten unha capacidade de 3010 mAh, que en consonancia coa resto de especificacións outórgalle unha boa autonomía. Tamén dispón de NFC, conectividade Bluetooth 4.2 e LTE, mesmo con soporte para chamadas en VoLTE.

Sharp Aquos 507SH - 3

O dispositivo estará dispoñíbel en branco, azul e negro, aínda que polo de agora non se especificou o prezo. As actualizacións do sistema operativo (vén con Android 6.0.1 Marshmallow) dependen directamente de Google, o que en certa maneira asegura que non quedará esquecido rapidamente do programa de actualizacións.

Sobre o autor

Reply