Huawei anuncia o Honor 8: toda a información

Huawei vén de anunciar un novo dispositivo baixo a marca Honor, o Honor 8, un trebello que aposta por ofrecer prestacións de gama alta a prezo de gama media.

O dispositivo incorpora unha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, con resolución 1080 x 1920 píxeles e acabada coa curvatura 2.5D. No seu interior atopamos un procesador fabricado pola propia Huawei, o Kirin 950, de oito núcleos, e tres combinacións de RAM – memoria interna (4 GB – 64 GB, 3 GB – 32 GB e 4 GB – 32 GB). Todas elas admiten ampliar a memoria mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

Honor 8

A cámara principal é unha lente dobre de 12 megapíxeles, semellante á que incorpora o Huawei P9, con autofocus láser e apertura f/2.2. No caso da cámara frontal temos un sensor de 8 megapíxeles con apertura f/2.4.

A batería é de 3000 mAh, con sistema de carga rápida, e dispón de espazo para dúas tarxetas SIM (ou ben unha SIM e microSD), conectividade 4G e USB Tipo C. O sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow, aínda que personalizado coa capa EMUI 4.1.

O Honor 8 ten un prezo de partida de 300 dólares para a versión máis básica, que suben até os 375 dólares se aspiramos ao modelo máis completo.

No Responses

Deixa un Comentario