Así podes recuperar un contacto desaparecido no teu Android

A día de hoxe, temos até 3 lugares onde gardar os nosos contactos e por esta razón non é raro que podamos dar por perdidos algún deles en determinadas situacións. Estas tres ubicacións son a SIM, o terminal e a conta de Google.

Na SIM

transatel datasim

É importante que lembremos que podemos ter gardados algún contacto na propia SIM do terminal, por iso se cambiamos de SIM cando deixa de funcionar ou precisamos outro tamaño, poden desaparecer contactos. Para recuperalos, podemos ser precavidos e facer unha copia de seguridade ou, se non podemos, tentarémolo pedíndolle á nosa operadora que o faga por nós e dicirlles que nos copien a axenda na nova SIM. É posíbel, que a operadora aplique algún cargo por esta cuestión.

Nota: se precisades outra SIM porque deixa de funcionar é posíbel que os contactos non se poidan recuperar.

No terminal

contactos móbil

Os smartphones son quen de gardar na súa memoria unha listaxe cos nosos contactos. Por iso, temos que repasar a ruta da que bebe a libreta de direccións para ver se tamén está activa e así coller tamén os contactos aloxados na memoria interna e como vemos na imaxe, seleccionamos a ubicación que queiramos.

Na conta de Google

Captura de pantalla 2016-07-05 17.14.22

Google ofrécenos unha morea case infinita de servizos. Entre eles contamos coa posibilidade de gardar a nosa axenda. Está é a única que ofrece a posibilidade de recuperar contactos borrados. Cando entramos contactos vía web, no menú da esquerda atopamos moitas opcións, entre elas máis. Cando prememos aí, aparece o restablecemento de contactos borrados desde fai 10 min até 1 semana, e mesmo podemos facer unha búsqueda personalizada se precisamos recuperar un contacto borrado fai máis tempo.

Como vedes, poden ocorrer moitas cousas cando deixamos de ver un contacto na nosa libreta de direccións e non sempre temos que dalos por perdidos. Nalgunhas ocasións podemos recuperalos, noutras só temos que lembrar se fixemos algo con calquera das localizacións onde se poden gardar e nas menos, o contacto foi realmente eliminado e non será posíbel recuperalo.

Deixa un Comentario