Lenovo anuncia o Moto E3

Lenovo vén de presentar unha nova versión do xa clásico Moto E de Motorola, aínda que desta vez meténdolle a súa nova denominación para irnos afacendo. O novo dispositivo, Moto E3 by Lenovo, resulta ser unha actualización do Moto E que conserva a súa idea orixinal de ser un trebello asequíbel para todas.

A terceira versión do Moto E incorpora unha pantalla de 5 polgadas, con calidade HD 720p e protección anti manchas. No seu interior atopamos un procesador de catro núcleos, batería de 2800 mAh e cámaras de 8 e 5 megapíxeles.

moto e3 - 2

En canto ao deseño, atopámonos cun modelo moi semellante ao Moto G4, e no seu interior levará Android 6.0 Marshmallow, aínda que será actualizábel a Android 7.0 Nougat.

Está previsto que saia á venda en setembro no Reino Unido, país no que foi anunciado, por uns 130 euros ao cambio, aínda que de seguro que chegará a máis países, entre eles o noso.

Sobre o autor

No Responses

Reply