Pokémon Go xa dispoñíbel oficialmente no noso país

Desde hai uns días somos os moitas as que andamos á caza dos Pokémon con Pokémon Go, o xogo que se está a converter nunha auténtica revolución. Mais, con todo, non o faciamos de xeito oficial, senón instalando o ficheiro apk, dado que o lanzamento por novos países foi gradual.

Para todas aquelas persoas que non se fiaban de instalar os APKs previos á descarga oficial a espera vén de rematar, pois Pokémon Go xa está dispoñíbel no noso país e podémolo descargar desde a Play Store, para Android, ou desde iTunes, para os trebellos de Apple.

Trátase da versión 0.29.2 do xogo, que vén coas primeiras correccións de erros que se publican e xa é compatíbel coa versión previa de Android 7.0 Nougat. Para todas aquelas persoas que xa descargárades previamente o xogo cunha apk como a que compartimos nós, recomendamos tamén que pasedes pola Play Store para actualizar á última versión.

Ligazóns de descarga: Android (Play Store)Apple (iTunes)

Deixa un Comentario