Mininovas Android: Unpacked de Samsung, emojis femininos e a primeira ruptura por Pokémon Go

Sony pecha o programa de betas para os Xperia

sony xperia z3-2

Sony mantivo desde comezos de ano un grupo de usuarias dos Xperia Z2, Z3 e Z3 Compact que podían probar as novas versións de firmware dos seus terminais en fase beta, de maneira que podían reportar os erros atopados. Porén, onte púxose fin a este programa de probas e a comunidade quedará desactivada definitivamente a partir do próximo día 21.

Hangouts xa permite engadir persoas aos grupos mediante ligazóns

google hangouts

A última versión de Hangouts introduce unha nova funcionalidade coa que é posíbel unirse a un grupo a través dunha ligazón, eliminando así o engorro de ter que buscar a persoa de forma manual.

Google reafirma o seu compromiso cos emojis femininos

emojis femininos

Xa temos comentando no blog que Google aposta por levar a igualdade aos emojis, dado que até o de agora había un alto grao de sexismo ao reducir o papel da muller a pouco máis ca raiñas. Ademais de incluír ás mulleres, os novos emojis tamén terán opción de variar a cor da pel.

O Samsung Galaxy Note 7 chegará o 2 de agosto

galaxy note7 unpacked

Samsung enviou esta semana os convites para un Unpacked que terá lugar o próximo 2 de agosto, no que se dará a coñecer o novo Samsung Galaxy Note7, do que xa vimos unhas cantas imaxes de prensa.

Jazztel é a operadora con máis queixas e peor servizo de atención ao cliente

jazztel

Jazztel é a compañía que máis medrou en canto a número de abonados no 2014, mais tamén a que máis queixas recibe e a que peor servizo de atención ao cliente ten, segundo os datos do Ministerio de Industria. No lado contrario está Yoigo, que é a operadora que menos queixas recibe en móbil, e Movistar, a que mellores resultados ten en internet fixo.

Pokémon Go provoca a primeira ruptura

pokemongo

O WTF desta nova fai que non poidamos pechar esta malla sen compartila. Evan Scribner, un mozo de Queens, quedou sen parella logo de ter aberto a aplicación diante da súa moza e ver que nos rexistros dos últimos Noibat capturados estaba o piso da súa ex. Cando a moza preguntou que facía aló o rapaz non soubo que dicir e desde aquela non volveu saber da súa actual parella. Ains.

Sobre o autor

Reply