Movistar multiplica os bonos de datos extra durante o verán

Movistar vén de lanzar a súa promoción do verán, coa que multiplican a capacidade dos bonos de datos extra que ofrecen na actualidade. Trátase dunha oferta deseñada pensando en que nas vacacións consumimos moitos máis datos e en que non sempre temos acceso a redes WiFi.

Deste modo, os bonos extra de datos quedan como seguen:

  • Bono 3 GB: pasa a ofrecer 20 GB polos mesmos 20 € que custa.
  • Bono 5 GB: pasa a ofrecer 50 GB polos mesmos 50 euros que custa.

Está claro que, a diferenza do resto de operadoras, a promoción de verán de Movistar é das que menos compensan polo alto custe das mesmas, a menos que teñamos moi claro que vaiamos a facer un gasto moi superior ao habitual.

Poderase contratar a partir do 18 de xullo e até o 17 de setembro, coincidindo cos ciclos de facturación desta operadora.

Deixa un Comentario