ZTE lanza o ZTE Blade A512 en primicia con Vodafone

ZTE vén de anunciar o lanzamento do smartphone ZTE Blade A512 en primicia para as usuarias de Vodafone. Con este movemento, o fabricante chinés quere abrirse oco na gama media asequíbel dentro do catálogo de dispositivos móbiles da operadora.

O trebello incorpora unha pantalla de 5,2 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles, 249 píxeles por polgada). No seu interior leva un procesador Qualcomm MSM8917 cunha frecuencia de 1,4 GHz, acompañado de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

ZTE Blade A512

A cámara principal, que conta con flash LED, é de 13 megapíxeles, mentres que o sensor dianteiro é de 5 Mpx. Complementan as súas especificacións unha batería de 2540 mAh e conectividade 4G.

O dispositivo pódese mercar tanto en tendas Vodafone como a través da canle online da compañía por 5 € iniciais e 5 €/mes de cota con portabilidade e compromiso de 18 meses nos plans Smart ou Red.

Sobre o autor

Reply