Unboxing oficial do Samsung Galaxy S7 Edge Olympic Games Edition

Hai apenas 10 días anunciouse oficialmente o Samsung Galaxy S7 Edge Olympic Games Edition, unha edición limitada do dispositivo referencial de Samsung co gallo dos Xogos Olímpicos de Rio 2016.

O trebello, que se pode mercar en Corea do Sur, Estados Unidos, China e Alemania por 879 euros, é igual en especificacións ca o modelo estándar do S7 Edge, mais ten pequenas variacións de deseño, xogando cos aros olímpicos na parte traseira e pequenos aneis de cores xunto as botoneiras e arredores da cámara.

As diferenzas tamén as atopamos na interface, cun tema específico dos Xogos Olímpicos, ademais de aplicacións pensadas para seguir a cita deportiva máis importante do ano desde o terminal.

A publicación do vídeo que abre este artigo permítenos ter unha mellor aproximación ao que podemos atopar no estuche no que se vende este dispositivo, ademais de poder ver como é esta interface. Que vos parece?

Deixa un Comentario