Amazon Prime Video chegaría ao noso país antes de final de ano

A chegada de Netflix ao noso país supuxo un punto de inflexión en canto ao pago por contidos de televisión, mais agora está a piques de xurdirlle un potente competidor. Segundo apunta o xornal francés Le Figaro, Amazon Prime Video chegará antes de que remate o ano e simultaneamente ao Estado español, Francia e Italia, sumándose así a Reino Unido e Alemania, onde xa opera desde hai algún tempo.

Nos Estados Unidos esta plataforma de vídeo baixo demanda xa é a terceira, por detrás de Netflix e YouTube, e ofrece todo tipo de filmes e series, incluíndo contidos exclusivos como as series The Man in The High Castle ou Transparent.

Agárdase que durante a presentación trimestral de resultados financieiros, prevista para a semana que vén, a compañía aproveite para adiantar esta información e oficializada, aínda que o máis seguro é que teñamos que esperar aínda un tempo para saber os prezos de comercialización.

Sobre o autor

Reply