O Xiaomi Redmi Pro será presentado o 27 de xullo

Xiaomi vén de desvelar parte da sorpresa do seu evento previsto para o próximo 27 de xullo. Ese día a compañía anunciará o Redmi Pro e non o Redmi Note 4, unha opción moi rumoreada nas últimas semanas. Xunto ao Pro tamén chegarán uns “acompañantes”, que poderían ser en forma de accesorios, aínda por confirmar.

Un test de Geekbench amosou un dispositivo até o de agora descoñecido de Xiaomi, con procesador MediaTek Helio X25, 4 GB de RAM e Android 6.0, que podería encaixar con este Redmi Pro. Por outro lado, a rumoroloxía apunta á presenza da dobre cámara traseira, semellante ao Huawei P9.

En calquera caso, o día 27 está a caer, polo que non tardaremos moito en coñecer todos os segredos.

Sobre o autor

Reply