R comeza a ofrecer 4G ás novas altas e só para tarifas a partir de 3 GB

Moito temos falado da chegada do 4G a móbilR, unha cuestión que parece que se vai aclarando. Logo de coñecer que a operadora galega abandonará a rede de Vodafone para mudarse á de Orange, a compañía vén de iniciar o proceso. Desde hoxe, as novas altas de móbilR traballarán baixo a rede de Orange e con 4G de serie, mentres que o resto das usuarias terá que agardar a finais do verán.

A compañía ten previsto realizar nas próximas semanas as primeras probas internas de cambio de rede, para en setembro comezar a migración ás usuarias finais (clientes), un proceso que calculan durará até os primeiros meses de 2017, debido ao alto número de liñas coas que conta a operadora. Este cambio será por zonas para garantir a calidade do servizo, mentres Orange realiza melloras de rede nos puntos que puideran ser máis conflictivos.

Orange mellora a cobertura en Galiza

A cobertura de Orange, nomeadamente a 4G, dista moito na actualidade da de Vodafone en termos cuantitativos e cualitativos, aínda que semella que está a haber un esforzo inversor por igualala, de maneira que as usuarias non noten o cambio.

Neste senso, estense a invertir varios millóns de euros en despregamento de novas antenas e actualización das actuais, establecendo zonas prioritarias etc. Proximamente estará dispoñíbel un mapa actualizado de cobertura na web de R contemplando estes cambios.

4G sen custe adicional, pero só para tarifas con máis de 3 GB de datos

Outro punto a ter en conta é que non todas as tarifas de móbilR contarán con 4G (a lo menos nun primeiro momento), tan só algunhas das que superan os 3 GB de datos. En concreto, terán 4G a plana 32 (chamadas ilimitadas e 3 GB de datos), a plana 32 (ilimitadas e 6 GB de datos) e a tarifa R 3 GB (ilimitadas e 3 GB de datos), quedando fóra todas as demais.

tarifas r 4g - 2 tarifas r 4g

Máis info: faq Rtarifas R.

Graciñas a Brais polo aviso 😉

2 Comentarios

  1. amflafuente 20 Xullo, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 22 Xullo, 2016 Responder

Deixa un Comentario