As nosas impresións despois da saída oficial de Pokemon Go

Como xa sabedes, desde hai apenas unha semana Pokémon Go xa está dispoñíbel de forma oficial, aínda que as máis frikiñas xa estabamos a disfrutar deste xogo grazas ao ficheiro APK dispoñíbel en APKMirror.

Con Pókemon Go, Nintendo quixo dar un enfoque diferente os xogos de realidade aumentada dos nosos smartphones e púxose en mans de Niantic, a quen coñeciamos polo popular xogo Ingress, para que a súa idea fose adiante. Tendo en conta o número de descargas que leva a aplicación na Play Store desde que saiu oficialmente, non cabe máis que falar de éxito rotundo.

Logo duns días con ela xa vos podemos dar as nosas primeiras impresións sobre o xogo. A simple vista é moi sinxelo de xogar, só temos que ter ganas de botarnos a rúa e camiñar, xa que principalmente temos que movernos para que poidamos ir atrapando novos membros para a nosa “Pokédex”.

IMG-20160717-WA0004

Unha vez configurada a nosa personaxe, que só podemos personalizar lixeiramente, teremos que escoller tamén o noso primeiro Pókemon de viaxe entre Bullbazur, Charmander e Squirtle. Algúns rumores apuntan a que Niantic deixou a porta aberta a poder escoller a Pikachu, como na historia real do xogo, aínda que no noso caso non chegamos a probar estas teorías.

Ao chegármonos ao nível 5 xa teremos acceso a poder combater nos ximnasios, e será o momento de escoller en cal dos bandos queremos xogar.

Screenshot_2016-07-08-22-50-28

O profesor daranos a escoller entre tres opcións diferentes:

  • Amarelo: Equipo Instinto.
  • Azul: Equipo Sabiduría
  • Vermello: Equipo Valor.

equipos pokemon

Unha vez que teñamos escollido o equipo o cal nos queremos unir só teremos que continuar coa nosa caza de Pokémons e xa poderemos atacar ou defender os ximnasios.

Por outro lado están as Poképaradas. As Poképaradas son espazos nos que teremos a posibilidade de obter artigos que serán de axuda ao longo da nosa aventura. Estes obxectos aparecerannos aleatoriamente, e tras un (breve) espazo de tempo poderemos regresar á Poképarada para conseguir máis cousas.

Entre os artigos que nos poden saír nestas Poképaradas temos:

  • Pokéballs
  • Revivir
  • Pocións
  • Ovos pokémon
  • Incienso
  • Incubadoras

Estas Poképaradas son de cor azul, mais cando quedan baleiras cambian a ou ton violeta, como se pode ver na seguinte captura.

Finalmente, cabe destacar  que o mundo Pokémon ten unha gran masa social detrás, polo que nestes intres xa podemos atopar diferentes comunidades en Google +, pero neste caso imos indicar a creada en Galiza, na cal se pode atopar información variada sobre o xogo, como atopar a outros xogadores da mesma zona ou poñerse en contacto entre eles.

Así que deixamos que saiades a rúa e a desfrutar das vosas capturas!

G+ Pokémon Go Galicia

Google PlayPokémon Go

Deixa un Comentario