Wolder lanza a súa cámara 360º, a Wolder Globe 360º

A española Wolder anunciou onte o lanzamento de Wolder Vision, unha liña de produto que se centra na gravación e que inclúe unha cámara de 360º e un par de cámaras de acción: son as Wolder Globe 360º, miCam Xport Élite 4K e miCam Xport 4Fun.

O trebello máis destacado é a Wolder Globe 360º, o dispositivo máis avanzado de todos. Está composto por dúas lentes CMOS f2.0 de 8 megapíxeles que nos permiten facer gravacións en 360 graos, cunha resolución máxima FullHD (1920 x 1080 píxeles). Dispón dunha pequena pantalla LCD de 0,96 polgadas, conectividade WiFi, saída microUSB e soporte par tarxetas microSD de até 64 GB.

miCam Xport Élite 4K e miCam Xport 4Fun

En canto ás cámaras de acción, o dispositivo referencial é a miCAM Xport Élite 4K, unha cámara que, como indica o seu nome, permite gravar con resolución 4K. Ten un sensor de 16 megapíxeles e unha pequena pantalla de 2 polgadas, ademais de conectividade WiFi.

wolder micam xport elite 4k

Por outro lado, a miCam Xport 4Fun é un dispositivo pensado para as pequenas da casa, cun deseño moito máis informal. Dispón de cámara de 5 megapíxeles que pode gravar en calidade HD e compleméntase con varios accesorios para poder suxeitala nunha bici ou casco, ademais dunha carcasa para poder somerxela na auga.

wolder miCam Xport 4FUN

Prezos e dispoñibilidade

A Wolder Globe 360º custa 249 €, un prezo bastante asequíbel se a comparamos, por exemplo, coa Gear 360 de Samsung, que ascende a 350 euros. Estará á venda durante a primeira semana de agosto.

A miCam Xport Élite 4K xa está dispoñíbel e pódese mercar por 129 euros, mentres que a miCam Xport 4Fun custa 49 euros.

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply