Tinder Social, para coñecer xente en grupo
A aplicación de ligoteo Tinder vén de lanzar Tinder Social, unha funcionalidade que permite ter citas en grupo. A idea é, segundo os creadores, que a aplicación sirva para reunirse en grupo para, por exemplo, disfrutar dunha actividade con máis xente. No seguinte vídeo pódese ver un pouco máis polo miúdo como é esta funcionalidade.
Samsung denuncia a Huawei por violación de patentes
Tras moito tempo coas leas de patentes en estado de hibernación, ábrese unha nova guerra, desta vez entre Samsung e Huawei. Os de Corea denuncian ao fabricante chinés por un total de seis patentes, e segundo afirmaron, trataron de chegar a un acordo amistoso antes de acudir aos tribunais. Veremos en que queda a historia.
Facebook Messenger acada os 1000 millóns de usuarias
Facebook Messenger, o chat de Facebook, vén de superar os 1000 millóns de usuarias activas ao mes, tan só tres meses de acadar os 900 millóns. Pasa así a ese selecto club de apps de mensaxería que superan esta cifra, entre elas WhatsApp, actualmente tamén en mans de Facebook.