Google engade máis opcións de control nos grupos de Hangouts

Google está claro que aposta para Hangouts para levarse consigo ás usuarias profesionais que empregan app de comunicación instantánea no seu día a día. Dicimos isto porque en vindeiros días, aparecerán novas ferramentas de control grupal moi interesantes que facilitarán o seu uso. Por exemplo, chegarán:

hangout - link share combined

  • As ligazóns curtas para que sexa moi doado convidar a novos membros. Deste xeito non será necesario engadir usuarias unha a unha se non que elas mesmas poderán facelo grazas a estas ligazóns.
  • Se pertencemos a moitos grupos, estes pasarán a estar indexados dentro da nosa lista de contactos, polo que acceder a un grupo será moi sinxelo, pois entraremos lembrando o nome dun membro do grupo ou o nome do propio grupo.
  • A posibilidade de eliminar integrantes do chat tamén se actualiza. Se unha usuaria, que recibira un convite directo deixa o grupo, bloquearase o historia e deixará de recibir notificacións, como non pode ser doutro xeito.

hangout - Remove from Group cropped

Agárdase que en vindeiros días estas novidades cheguen a todas as plataformas nas que Hangouts está presente.

Deixa un Comentario