Google prepara o seu propio test de velocidade de conexión

No último mes xurdiron diferentes informacións que apuntaban a que Google estaba a traballar no desenvolvemento do seu propio test de velocidade, engadindo así unha funcionalidade máis á longa listaxe de produtos e servizos que ofrecen.

Aínda que non houbo anuncio oficial por parte da compañía de Mountain View, diversas usuarias norteamericanas comentaron que lles tería aparecido esta opción ao procurar Check my Internet speed (que traducido ao galego vén a ser “Comprobar a miña velocidade de Internet”) no buscador.

test velocidade google

Este novo servizo tería como principal feito diferencial o minimalismo e a sinxeleza, sendo moito máis áxil acceder ao novo produto de Google cá un test independente, de maneira semellante ao que acontece coa información meteorolóxica ou os cambios de moeda, que resultan máis cómodos de facer no propio cadro de busca.

Sobre o autor

Reply