Yoigo cambia a rede de Movistar pola de Orange aló onde non ten cobertura

A compra de Yoigo por parte de MásMóvil está a dar ter as primeiras consecuencias: Yoigo abandonará a rede de Movistar pola de Orange naquelas zonas nas que non chega coa súa propia cobertura. E é que o caso de Yoigo é un tanto especial, porque é o único operador con rede que ten un acordo de roaming dentro do estado, dado que o seu ritmo de despregamento de cobertura foi máis lento que o das tres operadoras tradicionais.

Nos seus inicios Yoigo tiña ese acordo de roaming con Vodafone, pero no 2008 decidiu mudar o proveedor de rede por Movistar, con quen foi renovando os contratos con certa asiduidade. Porén, nos últimos tempos as relacións entre ambas compañías foi a peor, polo que aproveitando que o contrato remata a finais de ano os novos donos da compañía decidiron mudar.

As alternativas posíbeis sobre a mesa que tiña Yoigo eran volver a Vodafone, aínda que sen acceso á rede 4G / 4G+ da compañía, ou pasarse a Orange, a operadora que máis facilidade está a poñer aos OMV á hora de darlles acceso a rede (e, sobre todo ao 4G), o que serviu para decantarse por ela.

Deste modo MásMóvil concentrará en Orange case todos os operadores que posúe (MásMóvil, HappyMóvil e Yoigo), quedando pendente Pepephone, que seguirá usando a rede de Movistar até o final do contrato.

Yoigo conta ter rematado o despregamento da súa propia rede no 2019, ano no que seguramente veremos como todas as marcas do grupo (MásMóvil, Yoigo, HappyMóvil e Pepephone) pasan a usar esta cobertura, aforrando moitos cartos en rede ao deixar de depender de terceiros.

Sobre o autor

One Response

  1. Jvare 1 Agosto, 2016 Responder

Reply