Mininovas Android: o smartwatch de Meizu, novidades en Twitter e localización no 112

Meizu está a traballar nun smartwarch

teaser-smartwatch-meizu

Semella que non queda moito para coñecer o primeiro smartwatch da compañía chinesa Meizu. Esta empresa caracterízase por produtos de calidade a prezos asequíbeis, polo que agardamos con interese o que nos pode ofrecer no segmento dos reloxos intelixentes. Polo de agora non hai dato algún sobre o que está por vir. Ou moito cambian as cousas, ou podemos afirmar que o reloxo será redondo tal e como vemos no teaser que Meizu filtrou recentemente, no que non se descarta a chegada de trebellos para os deportistas da casa.

Google quere que nos localicen ao chamar ao 112

logo google 2015

Google vénde por en marchar o Emergency Location Service, un servizo grazas ao cal, cando chamamos desde un terminal Android ao número de emerxencias, estemos proporcionando de xeito inmediato a nosa localización desde o lugar onde pedimos axuda. Polo de agora este servizo xa se probou no Reino Unido e Estonia e agárdase que axiña se extenda a máis países.

Os Nexus xa contan cunha solución nativa para o spam telefónico

nexus-telefono-proteccion-spam

Desde agora, os terminais Nexus e Android ONE contan cunha nova ferramenta para loitar contra o spam telefónico. A app de teléfono actualizouse engadindo a posibilidade de identificar como spam as chamadas que recibamos. Este servizo vén activado por defecto pero podémolo desactivar e se por calquera circunstancia, cólase algunha chamada de tipo spam, podémola marcar como tal para cando volva a chamar.

O widget de Twitter deixa de funcionar na versión Alpha

widget twitter

As usuarias avanzadas que teñan a versión Alpha de Twitter instalada e usaban o widget para Androi saberán que este deixou de funcionar recentemente. Polo de agora nas versión finais funciona normalmente pero todo apunta a que en vindeiras actualizacións deixará de funcionar. Polo de agora non sabemos o motivo deste cambio, pero pode ser que para Twitter sexa unha opción prescindíbel en base a datos de uso que poidan manexar. Veremos se se confirma esta nova.

Twitter engade un modo escuro

twitte escuro

Seguindo con Twitter, a aplicación vén de poñer en marcha un “modo noite” ou escuro, menos molesto para a vista cando lemos durante a noite. Pódese activar desprazando o dedo desde a esquerda cara o centro do móbil para que se despregue o menú e activando a lapela.

Deixa un Comentario