Truco Pokémon Go: como conseguir todas as evolucións de Eevee

Despois de ver como unha orda de xente se xuntaba nun dos parques máis coñecidos de New York, Central Park, para conseguir atrapar un Vaporeon salvaxe que aparecera polo parque, descubreuse que o mellor esa avalancha de xente para intentar capturar ese Pokémon non fose necesario.

Screenshot_2016-07-21-11-46-27

Vaporeon é unha das tres evolucións que podemos obter através do Pokémon Eevee, o cal, no xogo principal tiña tres evolucións diferentes en función da pedra que o quixesemos evolucionar (pedra de lume, eléctrica ou de auga), dando lugar neste caso a Flareon, Jolteon ou Vaporeon.

Tendo en conta que en Pokemon GO non temos as pedras para realizar ditas evolucións comezaron a xurdir teorías de como poder obter os tres Pokémons, nun momento comentouse que só teriamos un en función do equipo que escolléramos, pero esa teoría esfumouse os poucos días xa que diferentes compañeiras nos comentaran que xa tiñan outro diferente o primeiro que obtiveran.

Outra teoría que tamén se moveu pola rede era que poderías obter estos Pokémons en función do ataque especial que tivesen, pero a que máis forza esta collendo e que tamén comprobamos é a de renomear os Pokémons cos nomes que recibían as súas evolucións na serie de televión de Pokémon.

Neste caso se unha usuaria quere obter un Jolteon terá que cambiarlle o seu nome por Sparky antes de realizar a evolución. Se no seu caso quere un Vaporeon deberá darlle o nome de Rainer ou se non quere ningún destes dous e o que realmente quere é un Flareon deberá chamarlle Pyro.

Image_1469096600720.png truco pokemon go

É importante que escribades o nome ó pé da letra, respetando a maiúscula inicial e deletreandoo igual. A maioría das usuarias afirman que lles funciona en todas as ocasións, mentres que outros din que só lles funcionou unha vez e o resto das veces foi de forma aleatoria.

Unha vez que xa lle demos un novo nome os nosos Eevees teremos que pechar a aplicación para que se garden as modificacións realizadas. O volver a inciala xa poderemos evolucionar o noso Eevee como de costume, conseguindo o resultado buscado.

Deixa un Comentario