Honor Note 8: nova besta chinesa de 6,6 polgadas

Tal e como estaba previsto, esta mañá vén de presentarse o Honor 8, un trebello da marca alternativa de Huawei que destaca polo tamaño da súa pantalla, que acada as 6,6 polgadas, e que chega apenas un día antes que o Samsung Galaxy Note 7, que se presentará mañá.

Como comentamos, o que fai especial a este modelo de Honor é a súa pantalla de grandes dimensións. Trátase dun panel Super AMOLED de 6,6 polgadas, resolución QuadHD con curvatura 2.5D e contraste 70000:1. No seu interior leva un procesador Kirin 955, de oito núcleos, xunto cunha GPU Mali T880-MP4, xunto con 4 GB de memoria RAM e opcións de 32, 64 ou 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

honor note 8 - 1

A cámara principal é de 13 megapíxeles, con flash LED de dobre ton, estabilizador de imaxe OIS e unha apertura f/2.0, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles. Dispón de lector de pegadas dixitais, conectividade 4G, Bluetooth 4.2 e USB Tipo C.

A batería ten unha capacidade de 4500 mAh, con funcións de carga rápida, e o sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow con interface EMUI 4.1.

O Honor Note 8 chegará en tres cores (doruado, prata e girs) por uns 310 euros na versión de 32 GB, uns 340 € a de 64 GB e 380 € a de 128 GB. Estará dispoñíbel a través da tenda online da compañía.

Sobre o autor

Reply