Vodafone aposta pola IoT con bañadores, sombreiros e maletas intelixentes

Vodafone está a desenvolver varias liñas de traballo relacionadas coa Internet das Cousas (IoT), e a semana pasada sorprendeunos coa publicación de varios prototipos de bañadores, sombreiros infantís e maletas intelixentes, deseños conceptuais pensados para previr da exposición solar excesiva, alertar cando as pícaras se afastan demasiado e evitar perdas de equipaxe, grazas ao uso da conectividade.

Os bikinis e bañadores que forman parte desta colección de obxectos Smart Summer veñen equipados con sensores ultravioleta que monitorizan a exposición á luz solar ao longo do día. A través dunha aplicación no smartphone recibiremos unha notificación sobre o tempo que levamos expostas ao sol, aínda que a propia roupa dispón dunha alerta por vibración que avisa se a exposición ao sol pode ser perigosa.

Pola súa banda, o sombreiro infantil vén equipado con sensor de raios ultravioleta de baixa potencia, así como dun sistema de seguemento que envía mensaxes ao smartphone da persoa responsábel se a pequena sae máis aló dunha distancia predetermianda. Finalmente, a maleta intelixente tamén inclúe unha tecnoloxía de seguimento que permite xeolocalizar a equipaxe dunha forma rápida a través do teléfono.

Todos estes elementos empregan hardware fabricado por Vodafone, cunha batería que ten unha autonomía de arredor dunha semana. Porén, a finais de 2017 Vodafone ten previsto lanzar unha nova xeración de dispositivos con hardware de ultrabaixo consumo, cunha vida media da batería superior a 10 anos cunha soa carga.

Que vos parecen estes trebellos?

Sobre o autor

Reply