10 titulares sorprendentes sobre Pokémon Go

Nesta época do ano proliferan as chamadas serpes de verán, novas irrelevantes coas que os medios enchen páxinas ou cubren minutos de emisión. Se a isto sumamos o éxito de Pokémon Go xa temos todo listo na cocteleira para ter unha fonte inagotábel de novas absurdas. Estas son as que máis chamaron a nosa atención até o de agora:

Buscaba un Pokémon e atopou a unha parella tendo sexo na oficina

pokemon fogoso

Saes inocente a cazar Pokémon e… zasca! Acabas cazando a unha parella fogosa ao final dunha intensa xornada laboral. Descoñecemos cantos puntos de combate sumarían ambos, pero o vídeo xa se fixo viral. Ler máis.

Fanático sube ao Monte Everest para atrapar ao Articuno

pokemon articuno

Esta é a historia dun YouTuber que con tanta ansia de cazar a Articuno prepara unha viaxe ao Everest, onde se presupón que está. Lásmima que todo fose como o soño de Resines, un mal soño e unha peor montaxe. Ler máis.

O Pokémon que apareceu nun funeral…

Nada que engadir, señoría.

… e o que o fixo na sala de partos

pokemon parto

Neste caso trátase da suposta historia dun irlandés que decidiu matar o tempo mentres agardaba que a súa parella parise facéndose cun Pidgey.

A policía que usa Pokémon Go para atraer delincuentes ás comisarías

pokemon policia

Disque nos Estados Unidos aproveitan os ximnasios que están nas comisarías para atraer ás usuarias de Pokémon Go. Así están alerta por se de chiripa aparece algún delincuente en busca e captura. Seica pillaron a algún con este método… ou non. Ler máis.

Unha pelea por Pokémon Go acaba con catro persoas apuñaladas

pokemon pelea

Aconteceu nun parque de Bremem, en Alemania. Polo que parece, houbo unha discusión sobre o xogo que acabou sendo unha pelea multitudinaria na que catro persoas entre 19 e 23 anos tiveron que ser hospitalizadas con feridas por arma branca. Ler máis.

Unha aseguradora lanza unha póliza contra os riscos de Pokémon Go

pokemon seguro

A sucursal israelí dunha aseguradora internacional preparou unha póliza orientada aos riscos persoais que poden sufrir as xogadoras de Pokémon Go, cuns termos semellantes aos que se emiten para as persoas que practican deportes de risco. Garante indeminización en caso de feridas ou morte a causa do xogo. O caso é cobrar. Ler máis.

Tráfico investiga a un condutor da liña Pontevedra – Vilagarcía que xogaba a Pokémon Go

pokemon bus

Un condutor que cubría a liña Pontevedra – Vilagarcía foi sorprendido por unha usuaria xogando ao Pokémon Go mentres conducía, algo que denunciou subindo as imaxes ao seu Facebook. Tráfico xa está actuando de oficio neste caso e veremos como acaba a historia. En Holanda pasou algo semellante e dito condutor foi despedido.

Crean unha rede de citas para usuarias de Pokémon

pokemon pokedates

Que pode haber máis fermoso ca compartir aficcións coa nosa parella? Se andamos solteiras podemos aproveitar PokéDates, unha ferramenta que aspira a pór en contacto persoas que saen a cazar Pokémons… e, quizais, o amor da súa vida. Ler máis.

Unha cidade rusa xa ten a súa Pokéball xigante

pokemon monumento

En Rusia (onde ía ser senón?) xa teñen unha Pokéball xigante a modo de monumento ao carón dun lago. Ler máis.

Como vedes, son moitas as novas que estes días inundan os medios de comunicación relacionados co popular xogo. Víchedes algún que vos sorprendera especialmente? Comentádenolo!

Sobre o autor

Reply