Os novos Nexus, fabricados por HTC, chegarán o 4 de outubro

Google repetirá este ano estretexia, ofrecendo ás usuarias dous modelos de Nexus, que desta vez virán fabricados por HTC, e cuxa data de presentación vén de ser filtrada: 4 de outubro.

Os HTC Nexus Marlin e HTC Nexus Sailfish, nomes cos que se coñecen estes modelos (cando menos na súa época pre-lanzamento), contarán con pantallas que se reducen en 0,2 polgadas cada un sobre os Nexus 5X e Nexus 6P actuais, quedando nas 5 e nas 5,5 polgadas respectivamente.

Indo ao concreto, o HTC Nexus Sailfish tería 5 polgadas de pantalla con resolución FullHD, procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 2 GHz, 4 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna e cámaras de 12 e 8 megapíxeles. A batería sería de 2770 mAh.

Por outro lado, o HTC Nexus Marlin disporía dunha pantalla de 5,5 polgadas QHD, procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 2 GHz, 4 GB de memoria RAM, opcións de 32 ou 128 GB de memoria interna, cámaras de 12 e 8 megapíxeles e unha batería de 3450 mAh.

Ambos os dous contarán con lector de pegadas dixitais, USB Tipo C e Bluetooth 4.2, ademais de dispór da última versión de Android (7.0 Nougat) desde o seu lanzamento.

Mentres agardamos que pasen os 62 días que quedan para descubrir todas as especificacións dos novos terminais de Google, os modelos anteriores sitúanse en prezos moi competitivos nas tendas alternativas como Amazon, onde podemos mercar o Nexus 5X de 32 GB por 276 € (fronte os 479 € da tenda oficial) ou o Nexus 6P por 485 € (fronte 649 €).

Sobre o autor

No Responses

Reply