Honor 5, o novo terminal de entrada de Honor

Xunto co Honor Note 8, Huawei anunciou outro modelo de gama entrada, o Honor 5, un dispositivo que aspira a chegar ao público menos exixente ou cunhas necesidades inferiores á media, e que se porá á venda por algo menos de 100 dólares.

O trebello incorpora unha pantalla de 5 polgadas IPS LCD HD cunha resolución de 228 ppp, e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6735, de catro núcleos a 1,3 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

A cámara traseira é de 8 megapíxeles e a frontal de 2 Mpx, ambas co seu correspondente flash LED. Dispón de dobre espazo para tarxeta SIM, conectividade LTE e unha batería de 2200 mAh de capacidade. Como sistema operativo vén con Android 6.0 Marshmallow, aderezado coa capa propia Emotion UI.

Como vedes, non se trata dun dispositivo pretencioso, senón dun modelo sinxelo para cubrir unhas necesidades básicas. Está previsto que se empece a comercializar ao longo deste mes de agosto.

Sobre o autor

Reply