Xiaomi presentará mañá os seus lentes de realidade virtual

A realidade virtual está a colleitar o interese da meirande parte de fabricantes de smartphones, e semella que Xiaomi será o último dunha crecente lista en dispór dos seus lentes específicos que, segundo apuntan as filtracións, serán presentados mañá mesmo.

A filtración da data chega acompañada da imaxe que abre este artigo, que nos dá unha idea de como vai ser o seu deseño, así como tamén de informacións que apuntan que só serán compatíbeis cos dispositivos aptos para a platarforma de realidade virtual Daydream de Google.

Sexa como for, en poucas horas sairemos de dúbidas e poderemos dar conta de como é a aposta desta compañía por apostar o seu graíño de area á realidade virtual.

Sobre o autor

Reply