Descarga os fondos de pantalla dos novos Nexus e olla o novo launcher

Cada vez queda menos para a chegada oficial de Android 7.o Nougat e desta vez semella que Google ten previsto unha importante renovación do seu launcher, logo de bastante tempo sen cambios notorios neste aspecto.

launcher android 7 - 2

Entre as novidades está a presenza dun novo estilo do buscador flotante e un caixón de aplicacións ao que xa non accederemos a través dunha icona específica, senón arrastrando a botoneira inferior cara arriba, permitindo ver así todas as apps instaladas.

Fondos de pantalla dosn novos Nexus

Xunto esta información, tamén veñen de se filtrar a galería de fondos de pantalla que incorporarán os novos Nexus, uns dispositivos que estarán fabricados por HTC e dos que xa coñecemos moitas das súas especificacións.

Podes descargar os novos fondos de pantalla desde esta ligazón.

Sobre o autor

Reply