Mi VR, chegan os lentes de realidade virtual de Xiaomi

Xiaomi entrou no mercado da realidade virtual pola porta grande. Veñen de presentar a súa aposta tipo Cardboard cun prezo moi agresivo. Malia non ser oficial, sospéitase que o seu custo rondará os 6€.

xiaomi glass 02

Por este prezo temos un deseño moi coidado e atractivo tal e como vedes na imaxe. Cómpre destacar que Xiaomi non pecha as súas gafas a un modelo concreto de terminal, se non que calquera dispositivo entre as 4,7 e 5,7 polgadas poden facer funcionar os lentes.

xiaomi glass 03

Ademáis a xente de Xiaomi permite personalizar moito os seus lentes pasando do cartón empregado por outras marcas e aposta polo plástico, gomas e Lycra (nylon + spandex) en diferentes cores e deseños

xiaomi glass 04

Como non pode ser doutro xeito, a empresa estrea unha app pola que accedemos a un servizo de contidos chamado Xiaomi VR Toy Edition, e como polo de agora só está dispoñíbel na China, os vídeos saen de Youku e iQiyi.

Veremos se se confirma o seu prezo, baixo que condicións poderemos mercalas no noso país e se poderemos acceder a vídeos doutros servizos, como podería ser Youtube.

Sobre o autor

Reply