Google, a mellor ferramenta para seguir os Xogos Olímpicos

Na madrugada de hoxe a mañá, concretamente á 1 a.m. hora galega, darán comezo os Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, uns xogos nos que a tecnoloxía será unha das grantes protagonistas, pola presenza de emisións en 8K ou realidade virtual, así como tamén en materia de cuantificación deportiva.

Como adoita pasar con todas as grandes citas deportivas, na Play Store existen multitude de aplicacións coas que poder seguir os Xogos, mais entre elas hai que destacar a aplicación oficial e as propostas de RTVE, que ofrecen unha experiencia en realidade virtual con Vive Rio ou unha alternativa con 19 canles simultaneas, que ben podemos seguir desde o smartphone ou desde unha tablet.

Google aposta forte polos XXOO

A xente de Mountain View non quixo quedar atrás, polo que veñen de habilitar funcións relacionadas cos Xogos Olímpicos no buscador de Google como en YouTube e Google Maps que facilitan o seguemento da competición, tanto estando comodamente no sofá como movéndose pola cidade brasileira.

google xogos olimpicos

A través de YouTube poderemos ver as retransmisións oficiais en directo, así como os highlights resumidos, mentres que mediante a busca poderemos consultar a programación para máis de 30 países, o ránking de medallas gañadas ou a información das atletas. Por suposto, tamén se activarán as notificacións automáticas a través de Google Now, algo ao que xa estamos afeitas durante competicións como a Liga de Fútbol.

google xogos olimpicos - 2

Por último, en Google Maps veñen de incluírse os novos estadios de Rio de Janeiro en Street View, de maneira que poderemos trasladarnos virtualmente aló e percorrelos como se o fixeramos en persoa.

Sobre o autor

Reply