Samsung estrea Samsung Cloud, a súa propia “nube”

Samsung anunciou esta semana o Galaxy Note7, un dispositivo que chegou acompañado dos novos lentes Gear VR. Porén, estes non foron os únicos lanzamentos da presentación, onde tamén apareceu Samsung Cloud, a renovada nube de almacenaxe online do fabricante surcoreano.

Nos últimos anos os terminais de Samsung incorporaron promocións con aplicacións de xestión na nube pola cal agasallaban cunha suscrición de 2 anos e certa cantidade de GB de espazo en Dropbox ou OneDrive, mais a chegada do Note7 trouxo consigo espazo na nube propia do fabricante.

nube samsungnube samsung

As persoas que merquen un Samsung Galaxy Note7 recibirán 15 GB de espazo en Samsung Cloud, unha promoción que estamos certas tamén chegará a futuros dispositivos de Samsung, e que funcionará como un paso máis aló de Smart Switch, a aplicación que facilita o intercambio de datos ao cambiar de móbiles.

A idea de Samsung é que poidamos ter un espazo no que gardar datos como usuarios, aplicacións, xogos e configuracións, e non tanto servir como almacenaxe de documentos, fotos ou outros arquivos.

 

Deixa un Comentario