Mininovas Android: Telegram e Instagram estrean novidades

Telegram chega á versión 3.11

telegram

Telgram recibiu unha nova actualización esta semana que, entre outras cousas, trouxo as seguintes novidades:

  • Stickers destacados: son unha listaxe dos stickers máis empregados en Telegram, que poderás descargar de xeito gratuito.
  • Vista previa grupos: podes ver o que acontece no grupo grazas á ligazón de invitado e ver quen está no grupo antes de unirte a el.
  • Mellora a velocidade de descarga: podes baixar arquivos até 2-4x máis axiña.

Pokemon GO chega a latinoamérica

pokemongo

A estas alturas o éxito de Pokémon GO é innegábel. Pois ben, logo da súa expansión por Europa aínda quedaban mercados importantes por poder desfrutar do xogo de xeito oficial. Esta semana fíxoo a Latinoamérica, aínda que non a todos os países. Polo de agora podése xogar en Chile, Perú, México, Brasil e Arxentina. O resto terá que agardar un pouco máis.

Os Nexus estrearán novas funcións para o lector de pegadas

nexus xestos

Recentemente xa vos falamos dos Nexus que chegarán este ano da man de HTC. Pasados uns días, imos sabendo máis cousas destes novos trebellos e unha desas cousas é a incorporación da posibilidade de acceder ao centro de notificacións sen necesidade de tocar a pantalla, tan só con pasar o dedo polo lector de pegadas dixitais.

Pouco a pouco vaise exprimindo máis e máis as posibilidades deste lector que xa tiña moi boa pinta desde o comezo.

Instagram tamén ten vídeos que desaparecen co tempo

instagram

Estes días soubemos da chegada a Instragram de Stories, uns vídeos que só están un tempo colgados na rede pero que desaprecen ás 24 horas, ao máis puro estilo Snapchat. Con este movemento, semella que Instagram ve en Snapchat un rival e non quere quedar atrás.

Polo de agora, esta nova funcionalidade non está activa en todas as contas, máis chegará nas vindeiras semanas e de xeito escalonado.

Marshmallow chegou ao 15% dos dispositivos

Android Marshmallow 01

O problema da fragmentación en Android semella non ter fin pola cantidade de factores que interveñen no proceso. Sabemos que Android 7.0, Nougat chegará en poucos meses e polo de agora só o 15% dos dispositivos foron actualizados á versión anterior, Android 6.0

Unha mágoa que a velocidade de actualización sexa tan lenta (e nalgúns casos non chegue nunca) a non ser que posuamos un Nexus ou algún terminal punteiro polo que as compañías si apostan.

Sobre o autor

Reply