2 meses de Spotify Premium e 3 de Google Play Music por ter un Chromecast

O Chromecast é un deses inventos imprecindíbeis nos televisores de moitas. O sinxelo e económico aparello de Google fai de centro multimedia, levando contidos da web ou almacenados na memoria interna nos nosos teléfonos e tablets ao televisor.

Aínda que se trata dun trebello que se vende por si só, Google quere animarnos a usalo, ofrecéndonos de forma totalmente gratuíta unha suscrición de dous meses a Spotify Premium e tres meses a Google Play Music, dous dos servizos de suscrición musical máis populares.

A oferta de Spotify non é válida para as persoas que xa sexan Spotify Premium, e tras o período de proba ten un custe de 9,99 €/mes, aínda que non hai permanencia (é dicir, podemos dalo de baixa antes de rematar o período gratuíto). Algo semellante ocorre coa opción de Play Music, que tamén pasa a custar 9,99 €/mes tras o período de proba.

Ambas promocións poden disfrutarse se se activan antes dunha data. Concretamente, a oferta de Spotify estará dispoñíbel até o 14 de setembro, mentres que a de Play Music pódese activar até o 30 de decembro.

Sobre o autor

Reply