Volumebest, outra tenda para mercar móbiles chineses e outros accesorios

É moi habitual que no blog falemos de terminais chineses, modelos que acaparan a nosa atención polas súas boas prestacións e prezos baixos, mais que resulta complicado (ou mesmo imposíbel) atopar nos estantes das tendas de electrónicas ou de telefonía móbil. Nestes casos só nos queda recorrer á Internet e procurar algunha das ducias de webs que nos permiten facer estas compras.

Hoxe queremos falarvos de VolumeBest, unha web do grupo GearBest que ofrece ás usuarias mercar diferentes modelos de móbiles e outros accesorios a prezos moi contidos, con envío gratuíto e entrega bastante máis rápida cá que podemos ver noutras tendas web chinesas.

Nela podemos atopar unha chea de produtos, organizados en diferentes categorías, como teléfonos móbiles, tablets, accesorios, drones e mesmo xoguetes sexuais. Dentro de cada categoría permítesenos escoller o rango de prezos no que queremos movernos, de maneira que resultará máis sinxelo atopar o que queremos conforme ao orzamento que manexemos.

volumebest - 1

Mercar a través de VolumeBest é relativamente sinxelo. Non temos máis que ir seleccionando os diferentes produtos para o noso carriño da compra e, unha vez collido todo o que queremos mercar, proceder a realizar o pagamento. Isto podemos levalo a cabo mediante tarxeta de crédito ou de débito, mais tamén cunha conta de Paypal, a opción que desde Mallando recomendamos para todas as tendas chinesas en xeral, xa que engade un plus de seguridade ao non compartir o número de tarxeta.

Unha vez procesada a compra, a empresa procede ao envío a través da alternativa que mellor saia en termos de rapidez / custe. Así mesmo, dispoñen dun servizo que nos permite notificar se atopamos o produto noutro lugar máis económico, comprometéndose a, cando menos, igualalo.

China wholesaler Volumebest ten ademais un servizo de chat que permite poñerse en contacto coa compañía para resolver calquera dúbida, ben antes de facer a compra ou ben durante o seguimento do pedido ou se tivéramos algún problema con el tras recibilo, o que sempre é de agradecer.

Deixa un Comentario