Movistar leva a fibra óptica ao 70% da poboación de Ponteareas

Movistar segue anunciando avances no despregamento da súa rede de fibra FTTH coa que a compañía está a sustituír as conexións de cobre, permitindo o acceso a velocidades de 300 megas, contidos audiovisuais en alta definición e capacidade para os videoxogos de última xeración.

Desta vez trátase de Ponteareas. Neste concello pontevedrés Movistar ten previsto chegar antes de final de ano a 10.800 fogares e empresas coa súa rede de fibra, o que supón aproximadamente o 70% da poboación local.

Movistar dispón de cobertura FTTH en máis de 520.000 vivendas e zonas industriais das principais cidades de Galiza, e ten previsto chegar a finais de ano a 617.000 unidades inmobiliarias (o 40% da poboación) con esta nova rede.

Sobre o autor

Reply