Os 8 límites de Google Play Music

Onte soubemos que grazas a unha promoción as usuarias de Chromecast poden disfrutar de 3 meses de Google Play Music gratis. Este servizo é a alternativa de Google a outros produtos de streaming musical, nomeadamente Spotify, e a pesar de ter un catálogo algo menos extenso ten outras vantaxes, como a posibilidade de mercar música ou a de subir os nosos temas a unha nube privada gratuitamente.

Con todo, o Google Play Music ten algúns límites, que a meirande parte das usuarias descoñecen, o que pode dar pé a malas experiencias, polo que vimos de recopilalas neste artigo.

1.- Pódense subir 50.000 cancións…

Play Music permite ás usuarias subir a súa propia música, o cal é unha moi boa opción para ter dixitalizadas as cancións ou albumes que tiveramos mercado, podendo así escoitalas en calquera dispositivo con acceso á rede. En total poderemos subir 50.000 cancións de forma gratuíta.

2.- … de até 300 MB por canción…

Outra limitación é que as cancións teñen un límite de 300 MB por canción, que en xeral será moito máis ca sufienciente, agás cando se trate de sesións ou discos dixitalizados dunha soa peza.

3.- … e cunha calidade máxima MP3 de 320 kbps

Tamén existe unha limitación na calidade do audio, establecida en 320 kbps, polo que todo o que subamos que supere esa cifra será rebaixado á mesma.

4.- 10 dispositivos diferentes coa mesma conta

Google ten limitado a 10 os dispositivos diferentes nos que podemos usar Play Music, co obxectivo de evitar a pillaxe e que haxa xente que comparta unha mesma suscrición.

5.- Podemos desautorizar 4 dispositivos ao ano

Da mesma maneira que podemos autorizar 10 dispositivos, se mudamos de trebellos verémonos na obriga de ir eliminando os que non usemos. Novamente, Google aplica un límite de 4 desautorizacións máximas ao ano, entendendo que non mudamos tan rápido de dispositivo.

6.- Máximo 2 descargas da mesma canción desde a web

Se accedemos a Play Music desde un navegador unicamente poderemos descargar a mesma canción un máximo de 2 veces. Isto ten como obxectivo que instalemos o plugin Google Play Music en Chrome ou o programa de escritorio Music Manager, desde onde poderemos descargar toda a música sen límites.

7.- Máximo de 1000 cancións por playlist.

Non hai límites no número de listaxes de reprodución (playlists) que podemos facer, aínda que si no número de cancións que metemos en cada unha delas. O máximo son 1.000 cancións.

8.- A música mercada en Play Music está protexida

A última importante limitación é que a música que mercamos en Play Music e descargamos no noso trebello Android só a poderemos escoitar desde a aplicación Play Music, posto que vén protexida. Ademais, o propio cartafol onde queda almacenada esta música no dispositivo está protexida e non é accesíbel desde o explorador de arquivos.

A pesar destas limitacións, a meirande parte delas que sobrepasan os límites do habitual, Google Play Music é un dos mellores servizos de música en streaming que todo o mundo debería plantexarse probar.

Sobre o autor

One Response

  1. létè 11 Agosto, 2016 Responder

Reply