Mininovas Android: parodia X de Pokemon Go e novidades en Google Play, Maps e Whatsapp

Google Play acepta comentarios de todo o mundo

google play store

Desde agora xa non será preciso ter un perfil de Google+ para facer comentarios na tenda de aplicacións de Google, a Google Play Store. Unha pequena actualización recibida estes días permite comentar ou facer valoracións só cunha conta de Gmail.

Google Maps xa permiter gardar mapas na SD

google maps

A última actualización (v. 9.34.1) da aplicación de mapas de Google xa permite seleccionar onde gardar os mapas que descargamos para poder usalos sen conexión, incluíndo a posibilidade de facelo na SD do voso terminal e así liberar espazo. Esta opción atopámola seguinto a ruta: axustes sen conexión – preferencias de almacenamento – tarxeta SD.

Ademais, esta versión trae outra interesante novidade: desde agora, podemos indicarlle a Google Maps que só funcione se estamos conectados a unha wifi e se non é así que tire automaticamente dos mapas que temos gardados no noso terminal. Ollo, non é que a aplicación non funcione, se non que a información que nos ofrece é moi limitada. Deste xeito podemos facer un uso máis eficiente dos datos, se imos ao extranxeiro ou estamos acadando o límite do noso plan.

Whatsapp incorporará os mensaxes multidestinatarias

whatsapp lg

Cada semana aparecen novidades en canto a novas funcionalidades que se van integrando na aplicación de mensaxería máis popular. Nesta liña e xa dispoñíbel na versión beta da app, aparece a posibilidade de copiar unha mensaxe e compartila con diferentes usuarias e mesmo en diferentes grupos ao mesmo tempo.

Como vos diciamos, polo de agora non aparece na versión final de app pero se queredes empregar de xeito habitual a versión beta, nesta ligazón poderédevos dar de alta como beta testers e así descargala.

NOTA: como versión de proba que é, pode non funcionar correctamente.

Pokemon GO xa conta cunha parodia de cine para adultos

pokemon go xxx

Un xogo que conta xa con máis de 100 millóns de descargas na Play Store en tan pouco tempo, podémolo calificar exitoso. Deste xeito, non é raro que todo tipo de negocios vencellados á súa popularidade comecen a chegar de inmediato.

Nesta liña, atopamos esta semana unha parodia de cine para adultos do xogo lanzada pola productora Brazzers. O director de producto da compañía, Mario Nardstein dixo: “unha parodia de Pokemon Go era unha obviedade para nós”, pois esta productora non é a primeira vez que fai parodias relacionadas con películas famosas.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Mondo 13 Agosto, 2016 Responder
  2. Iago Varela Martínez 13 Agosto, 2016 Responder

Reply