O HTC Desire 10 Pro terá o lector de pegadas dixitais na parte traseira

HTC está a traballar en varios terminais, entre eles os dispositivos derivados do HTC 10, actualmente o seu modelo referencial. Entre eles están o HTC Desire 10 Lifestyle e o HTC Desire 10 Pro, que vén de ser filtrado en varias imaxes de prensa.

Polo de agora non se coñecen as súas especificacións, mais as fotos amosan que o fabricante aposta por mudar o lugar do lector de pegadas dixitais desde a parte frontal á traseira, o que leva consigo apostar pola identificación co dedo índice no canto do polgar.

htc desire 10 pro filtrado - 2

Do que si se coñecen parte das súas especificacións é do HTC Desire 10 Lifestyle, que albergaría unha pantalla HD de 5,5 polgadas (1280 x 720 píxeles), 2/3 GB de memoria RAM, 16/32 GB de memoria interna e unha cámara principal de 13 megapíxeles.

Se todo vai segundo o previsto, non habemos tardar en coñecelos. Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply