Google Allo contará con 27 packs de stickers

Tras o lanzamento de Google Duo esta semana queda por saber cando chegará Allo, a nova aplicación de chat coa que Google aspira, unha vez máis, a competir con WhatsApp e Facebook Messenger no campo da mensaxería instantánea.

Xa sabiamos que Allo chegará este verán e que será necesario rexistrarse na aplicación mediante o número de teléfono móbil, ademais de que contará cunhas funcionalidades básicas (chatear, compartir imaxes, ubicación…), así como todo o poder de Google Assistant (o novo Google Now) integrado.

allo stickers - 2

Agora tamén vimos de coñecer que Allo chegará con 27 packs de stickers para dárlle vida ás nosas conversas, 3 que virán preinstalados e 24 que poderemos baixar manualmente, perfectamente categorizados e cunha estética moi semellante aos de Hangouts.

allo stickers - 3

Se certos rumores que apuntan ao lanzamento de Google 7.0 para este mesmo luns son certos podería adiantarse a chegada de Allo. Que pensades vós?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply