Mininovas Android: chamadas de audio en Duo e fútbol 4K con Vodafone

Google Duo engadirá chamadas só de audio

google duo - 1

Unha das novas da semana foi a liberación de Google Duo, a app para facer videochamadas de Google á que inminentemente se lle sumará Allo, para chats. Pois ben, aínda que o lanzamento foi escalonado xa conta cunha incorporación importante ás súas funcións: a app nace como unha ferramenta para facer videochamadas, mais en pouco tempo tamén poderemos facer só chamadas de audio tal e como confirmou Amit Fulay, o xefe de comunicación de producto de Google.

Instagram engade 2 funcións novas

instagram

Instagram vén de integrar na app a posibilidade facer zoom durante unha gravación cun xesto sinxelo cun dedo e a outra opción (só dispoñíbel para iOS polo de agora) é que tamén se pode cambiar de cámara durante o vídeo para non ter que dar a volta ao terminal cando queremos saír nel.

Estas dúas funcións xa están integradas en Snapchat desde hai un tempo, unha app que está sendo referente para o resto, pois nos últimos meses a competencia copiou algunhas das súas novidosas funcionalidades.

Google Fotos permite xirar os vídeos

google fotos

Google Fotos era das poucas apps que deixaba xirar os vídeos que tiñamos gravados, pero esta funcionalidade desaparecera dun día para outro. A nova é que esta posibilidade volve a estar presente na app de fotos de Google. Iso sí, se queremos xirar un vídeo temos que ter en conta o seguinte; non se poden editar:

  • Os vídeos xenerados por Google Fotos non se poden editar.
  • Nin todos aqueles vídeos antigos ou que só están na nube de Google Fotos.
  • Os vídeos deben estar no cartafol de fotos para poder xiralos.

Vodafone levará o fútbol en 4K aos bares

vodafone

Os dereitos televisivos do fútbol reportan moitos beneficios ás emprsas que conseguen facerse con eles. Vodafone quere diferenzarse para conseguir máis clientas e por iso ofrece a posibilidade de contratar o fútbol en 4K aos negocios de hostelería.

Polo de agora ofrecerá 1 partido de Liga e outro de Champións League por xornada en calidade 4K polo que facilitará as equipas necesarias para consumir contido nesta resolución. Entre elas, ofertará un televisor LG de 55″ que soporta 4K por 30€ ao mes durante 24 meses.

Blackberry xa lle puxo solución á vulnerabilidade Quadrooter

blackberry android

A compañía canadiense comunicou esta semana que tanto a BB Priv coma a DTEK50 deixaban de estar afectadas polo Quadrooter pois traballou pola súa conta para solucionalo porque consideraban que era un problema moi serio, polo que non agardan a que en setembro, Qualcomm ofreza a actualización que o solucione.

Sen dúbida, un movemento intelixente por parte de Blackberry que tanto agora con Android coma na súa anterior etapa, quere ter os terminais máis seguros o que supoña un valor engadido para as súas clientas tanto particulares coma profesionais.

Lembrade que esta vulnerabilidade afecta aos terminais con procesadores Qualcomm pola que é posíbel ter acceso root aos nosos terminais de xeito remoto.

Sobre o autor

Reply