Android Nougat 7.0 chega aos terminais Nexus

Esta tarde comezou a distribución de Android Nougat, a nova versión do sistema operativo móbil de Google entre os dispositivos Nexus. Os terminais que recibirán esta actualización son o Nexus 6, 6P, 5X, Pixel C e Nexus 9, quedando sen ela o Nexus 5 e a Nexus 7 2013.

Entre as novidades que achega esta importante actualización, destacamos:

  • 72 novos emojis.
  • Mellora dos controis de configuración rápida podendo elixir onde colocamos os tiles.
  • Soporte multilocal, as apps poderán configurarse adaptándose á configuración local dos dispositivos.
  • Ventanas múltiples, para executar 2 apps ao tempo no mesmo escritorio.
  • Resposta directa. Podemos responder os avisos sen abrir a app.
  • Mellora de Doze, o sistema de optimización da batería mesmo cando temos o terminal no peto.
  • Actualizacións Seamless, para facer actualizacións en segundo plano sen ter que deixar de usar o terminal.

nougat 01

Algunhas das novas que trae Nougat van dirixidas a mellorar a productividade en tablets, algo que facía falla desde fai tempo. Podedes consultar máis polo miúdo os detalles de todas as novas funcións, no blogue oficial, premendo nesta ligazón.

Se tedes un terminal Nexus dos que está na listaxe, podedes comprobar de xeito manual a ver se vos chegou a actualizción a Android Nougat. Se non, teredes que agardar un pouco máis.

Deixa un Comentario