O Moto Z Play déixase ver nunha imaxe filtrada

Poucos teléfonos son quen de chegar ao día da súa presentación gardando todos os segredos, tanto de especificacións como de deseño. Un dos últimos modelos en posar ante as cámaras indiscretas foi o Moto Z Play, un dispositivo derivado do Moto Z, co que garda moitas semellanzas.

Esta imaxe súmase a outros rumores arredor deste dispositivo, un modelo algo máis económico que o Moto Z que incorporaría unha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas con resolución FullHD, procesador Qualcomm Snapdragon 625 a 2,4 GHz e dúas variantes: 2 / 16 GB e 3 / 32 GB, para RAM / memoria interna.

Tamén se espera que dispoña dunha cámara principal de 16 megapíxeles, con enfoque PDAF e láser, así como unha batería de 3500 mAh.

Do seu deseño destaca a presenza dos conectores para os Moto Mods e os acabados nun material que ben pode ser plástico pulido ou ben cristal, mais teremos que agardar á súa presentación para confirmalo (a menos que cheguen novos datos antes desa data).

Sobre o autor

Reply