Phone Clone, a nova app de Huawei para mudar de smartphone

Mudar de móbil pode ser un suplicio por todo o traballo que dá volver instalar as nosas aplicacións e transferir os datos entre o dispositivo antigo e o que estreamos, aínda que ben é certo a nube axudou moito a facilitar a sincronización.

Huawei vén de lanzar unha aplicación propia, Huawei Phone Clone, cuxo obxectivo é facilitar a transferencia dos nosos datos (fotos, mensaxes…) sen necesidade de cables nin conexión a Internet: tan só é preciso que ambos dispositivos teñan instalada a aplicación para sincronizarse a través da WiFi.

Phone Clone, que está dispoñíbel desde o 1 de agosto na Play Store e na App Store, é compatíbel cos dispositivos a partir das versións 4.0 (Android) e iOS 5 (Apple), e dependendo do dispositivo permite elixir a transferencia de diferentes datos: contactos, mensaxes, fotos e vídeos, música e aplicacións. Se o teléfono orixe tamén é Huawei transfírese ademais a configruación e datos das aplicacións, alarmas, notas e incluso a colocación das iconas de apps nas pantalla principal.

Logo de instalar Phone Clone en ambos trebellos, tan só hai que conectar os teléfonso a través do punto de acceso WiFi xerado, seleccionar qué datos transferir e agardar a que se complete o proceso. Doado, non? Pódese descargar desde a Play Store.

 

Sobre o autor

Reply