Google Allo permitirá borrar as mensaxes no historial da conversa

Seguen chegando filtracións relacionadas con Allo, a nova aplicación de mensaxería de Google, polo que todo fai pensar que estamos ante un inminente lanzamento oficial. Se hai apenas un par de días descubrimos os packs de stickers que terá dispoñíbeis a nova app de chat de Google agora sabemos que integrará o borrado de mensaxes do historial da conversa.

allo borrado - 2

Aínda que o borrado de mensaxes é algo que integran moitas aplicacións de mensaxería, como WhatsApp, non ocorre o mesmo en Hangouts, a alternativa actual de Google, que non permite levalo a cabo. En calquera caso, este borrado que integrará Allo é simplemente no noso historial e non afectará aos textos enviados, polo que a nosa interlocutora recibirá igual as mensaxes, aínda que as teñamos borrado logo de envialas.

Vía

Deixa un Comentario