R aposta un ano máis polo estudantado co seu “combo estudantes”

A poucos días de que remate o verán é moito o estudantado que está a procurar unha alternativa de conexión no piso que ocupará durante o curso. Pensando neles, a operadora galega R vén de lanzar, un ano máis, o combo estudantes, un produto sen ningún tipo de permanencia, ideal se temos en conta que a estancia nestes pisos adoita ser de setembro a xuño / xullo.

As usuarias de R poderán disfrutar dunha conexión de 150/15 megas cun router de dobre banda e wificlientesR fóra da súa casa por 35 €/mes, aínda que aquelas persoas que desexen maior velocidade poden elixir a opción de 350/35 megas por 39 €/mes.

  • 150 / 15 megas por 35 €/mes
  • 350 / 35 megas por 39 €/mes

En ambos casos o servizo carece de liña telefónica, un mal menor se temos en conta que o perfil de usuario ao que vai dirixido a oferta. O combo estudantes pódese contratar online nesta ligazón.

Deixa un Comentario