Así é o novo Xiaomi Redmi Note 4

Xiaomi vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal de gama media que chega para competir con dispositivos como o Moto G, que vén de poñerse á venda no noso país, ou o Huawei P9 Lite. Falamos do Xiaomi Redmi Note 4, que estará dispoñíbel en dúas versións atendendo á capacidade da súa memoria, ademais de varias cores.

redmi note 4 - 3

O Redmi Note 4 posúe unha pantalla de 5,5 polgadas cunha lixeira curvatura 2.5D e resolución 1080p, o que apunta a unha densidade de 401 ppp; o seu brillo é de 450 nits. No seu interior leva un procesador MediaTek Helio X20 xunto a 2 ou 3 GB de memoria RAM e 16 ou 64 GB de memoria interna, segundo versións, ampliábeis mediante microSD de até 128 GB.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, cunha apertura focal f/2.0, mentres que a frontal fica nos 5 Mpx. Leva unha batería de 4100 mAh e cargador USB Tipo C. En canto ao sistema operativo, vén con Android 6.0 Marshmallow e a capa de personalización EMUI 8.

redmi note 4 - 2

O novo Xiaomi Redmi Note 4 estará dispoñíbel en 3 cores (prata, dourado e gris escuro) por uns 120 € no modelo con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna e uns 160 € na versión de 3 GB de RAM e 64 GB de interna.

Sobre o autor

No Responses

Reply