Os Moto E3 e Moto G4 Play póñense á venda no noso país

A Motorola de Lenovo  vén de anunciar a posta á venda de dous terminais de entrada no noso país, o Moto G4 Play (que xa leva uns días en prevenda a través de tendas online como Amazon, e o Moto E3, a terceira versión do pular Moto E.

Moto E

O Moto E é o modelo máis sinxelo, que recolle a esencia da nova Motorola na aposta por un dispositivo modesto a un prezo asequíbel: 139 euros. Por esa cantidade, as usuarias poden disfrutar dun terminal que conta con 4G, resistencia á auga e Android 6.0 Marshmallow.

Moto e3 - 1

Dispón dunha pantalla de alta definición de 5 polgadas protexida cunha solución semellante ao Gorilla Glass. No interior leva un procesador de catro núcleos, unha batería de 2800 mAh e espazo para unha tarxeta microSD que permite ampliar a súa memoria interna.

A cámara frontal é de 8 megapíxeles e a frontal de 5 Mpx. Dispón de dualSIM, radio FM, conexión 4G, e diversos sensores, máis habituais de dispositivos de maior calidade.

Moto G4 Play

Por outro lado, o Moto G4 Play é un trebello que incorpora unha pantalla de 5 polgadas e calidade HD, que no seu interior alberga un procesdaor Qualcomm Snapdragon 410, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis.

moto g4 play - 2

Neste caso, a cámara principal é de 8 megapíxeles cunha apertura f/2.2, mentres que a frontal sitúase nos 5 megapíxeles. Vén cunha batería de 2800 mAh e se pode mercar, en branco ou negro, por 166 euros.

Deixa un Comentario