Mininovas Android: Pokémon Go perde usuarias e Samsung métese no mercado dos reacondicionados

Google Drive despídese de Android 4.0

google drive

Estes días actualizouse Google Drive e se tedes un terminal antigo con Ice Cream Sandwitch ou algunha versión anterior vai ser a derradeira que recibirán estes dispositivos. Ademáis como principal novidade, esta actualización a v.2.4.311.34 permitirá crear accesos directos a cartafoles no escritorio do móbil.

Así será o LG V20

lg v20 fitlrado

Esta semana filtrouse o deseño do novo terminal de LG, o LG V20 a través dun render oficial. O terminal chegará o día 6 de setembro e daquela poderemos ver todos os detalles estéticos coma internos polo miúdo.

Pokémon GO comeza a perder usuarias activas

Pokemon GO

Logo de ter acadado o seu cumio en canto a usuarias activas en xull,o con aproximadamente 45 millóns de xogadoras, Pokémon Go desinflou. Desde entón a cifra non deixou de caer até situarse nos aproximadamente 30 millóns agora mesmo.

Na nosa opinión non é nada dramático pois é o que teñen as apps que se poñen de moda, acadan unha morea de usuarias que despois van perdendo o interese e deixan de usala, pois non era o público obxectivo: só a usaban por que estaba de moda. Agora si, que a empresa non se durma e a base de actualizacións potentes siga mantendo ás súas usuarias reais enganchadas ao xogo, senón quedará nunha febre de verán.

Samsung podería vender terminais reacondicionados

logotipo samsung

Todo apunta a que Samsung vaise meter de cheo no mercado de productos usados, e xa está tanteando a posibilidade de comezar a vender terminais que non son novos pero que garanten o seu bo funcionamento, ademáis de ter garantía. En canto a prezo serían máis caros que os productos de segunda man pero tamén son máis baratos ca un terminal novo.

Que vos parece esta posibilidade?

Deixa un Comentario