Parlem fixa en 8 as súas tarifas e estrea unha con 8 GB de datos

O OMV catalán Parlem vén de facer novos cambios nas súas tarifas logo de ir eliminando aos poucos as opcións que permitían ás usuarias seleccionar bonos de voz e packs de datos a granel, unha práctica que compartía con operadores virtuais como MásMóvil ou Simyo.

Agora Parlem ofrece un total de 8 tarifas predeterminadas para escoller, que recollen, en termos xerais, as opcións máis habituais que nos podemos atopar o mercado. Son as seguintes:

  • Parlem Zero, Naveguem Poc: chamadas a 0 cént/min e 500 MB por 8 €/mes.
  • Parlem Zero, Naveguem Molt: chamadas a 0 cént/min e 1 GB por 11 €/mes
  • Parlem Poc, Naveguem Molt: 100 minutos de chamadas e 1 GB por 15 €/mes
  • Volem XS: chamadas ilimitadas e 1 GB por 19,90 €/mes
  • Volem S: 200 minutos e 1,5 GB por 19,90 €/mes
  • Volem M: chamadas ilimitadas e 3 GB por 28,90 €/mes (promocionalmente 21,90 €/mes até finais de outubro).
  • Volem L: chamadas ilimitadas e 5 GB por 34,90 €/mes
  • Volem XL8: chamadas ilimitadas e 8 GB por 39,90 €/mes

Deste xeito, a operadora apúntase a ese crecente número de compañías que apostan por ter no seu catálogo algunha tarifa con moitos datos incluídos (neste caso, 8 GB), aínda que o prezo sexa demasiado elevado, se o comparamos con outras opcións do mercado.

Actualmente Parlem ofrece conectividade 4G nas tarifas Volem. Ademais, nas tarifas máis baixas cobran o exceso de datos a razón de 3,3 cént/MB adicional, mentres que nas Volem M, L e XL8 optan por reducir a velocidade a 16 kbps. En calquera caso, sempre se poden contratar bonos de datos extra de 500 MB (por 5,50 €) ou 1 GB (9,25 €).

Que vos parece a oferta desta operadora?

Sobre o autor

Reply