Huawei presentaría nova marca no IFA de Berlín

Remata agosto e comeza o IFA de Berlín. Entre o 2 e 7 de setembro ten lugar na cidade alemana a última gran feira tecnolóxica do ano, aínda que xa temos presentacións nas xornadas previas das principais marcas, Huawei entre elas.

O fabricante chinés cítanos o 1 de setembro para dar a coñecer novos trebellos, mais todo apunta a que o fabricante aproveitará esa cita para presentar unha segunda marca chamada Nova, orientada ao público feminino, co que Huawei non acaba de conectar. Nova sumarase a Honor, a outra marca coa que Huawei oriéntase ao mercado europeo.

En canto a trebellos, agárdase que coñezamos a nova versión do reloxo intelixente Huawei Watch, aínda que podería chegar tamén o Huawei Mate S2, un trebello que nun primeiro momento estaba programado para ser lanzando en novembro.

Deixa un Comentario