Novo LG X Fast, con pantalla de alta resolución e Snapdragon 808

Mentres contamos cos dedos os días que nos faltan para coñecer o novo LG V20vense de filtrar un dispositivo da liña de gama media “LG X”, o LG X Fast, que viría a ser a versión máis completa deste grupo de terminais, disposto a competir coas numerosas alternativas chinesas que hai actualmente no mercado.

Segundo esta filtración, o novo LG X Fast incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución QuadHD (2560 x 1440 píxeles), e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 808 a 1,8 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenaxe interna.

LG X Fast - 2

Complementan as súas especificacións unha cámara principal de 12,3 megapíxeles e unha dianteira de 8 megapíxeles, ademais de batería de 3000 mAh, dual SIM e lector de pegadas dixitais. Certamente, de confirmarse todas estas características, estaríamos ante un salto cualitativo moi importante na gama media de LG.

Cada “LG X” que foi saíndo este ano destaca por algo diferente, ben sexa a cámara (LG X Cam), a batería (LG X Power), deseño (LG X Style) ou pantalla (LG X Screen), un xeito alternativo de diferenciar os seus modelos de gama media para adaptarse ás necesidades das consumidoras.

Sobre o autor

Reply